A Deputación pon en marcha por primeira vez unha oficina provincial que atenderá a todos os emigrantes e inmigrantes lucenses, a "Casa do Emigrante". Este servizo será descentralizado da institución e canalizarase a través da ampliación da oficina xa existente no Concello de Viveiro. Esta dotación conta cun presuposto de 80.000 euros, dos que a Deputación aportará 40.000 euros, a mesma cantidade que La Caixa, e o Concello os locais e o material necesario para a súa posta en marcha.
Esta medida é consecuencia da viaxe institucional que o Presidente da institución provincial, José Ramón Gómez Besteiro, fixo a Sudamérica e responde a unha das principais demandas dos lucenses residentes no exterior. Deste xeito, a Casa do Emigrante e Viveiro son a porta ós emigrantes de Lugo, pero tamén a todos aqueles proxectos empresarias que teñen como destino a nosa provincia.